segunda-feira, 25 de setembro de 2017

Daniel Pernas Nieto 3

A velliña

Enriba d’a probiña van caindo
as folerpas d’a neve mainamente,
ela peta co’a moca n-os puxigos;
i-o gonzo ferruxente
as portas quedas ó seu paso deixa,
e soilo un can que a sente
de ves en cando lle responde á probe,
somellando decir queixosamente,
que a millor d’as virtudes mal s’atopa,
que d’a noite o relente
i-a mesma neve lle farán un leito
negado pol-a xente.


"Fala das Musas e Outros Poemas", Daniel Pernas Nieto

(Daniel Pernas Nieto nasceu no dia 25 de Setembro de 1884. Morreu em 1946.)

Sem comentários:

Enviar um comentário