O pior enemigo 
Entre as polas torcidas de un piñeiro 
Que â veira do remanso de unha fonte 
Medra, con outros, no cercano monte, 
Seu niño puxo un parlador xilgueiro.
As xeadas pasaron de Xaneiro, 
Levou a chea a non leixana ponte, 
Brilou o sol cen veces no hourizonte, 
Volveu a verdegar de novo o outeiro,
E o cantor habitante das alturas, 
Respetado das augas e da neve, 
Libre siguíu cantando mil venturas;
Mais un día ô fin chega en que o home aleve 
O machado tronar nas espesuras 
Fai y-o niño ô-chan ven, cal palla leve.
                 
O home eu coido - e por vergonza o calo - 
                 
Que é de todol-os bichos o máis malo.
"Fábulas Galaico-Castellanas", Amador Montenegro
(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu no dia 22 de Setembro de 1932.)
Sem comentários:
Enviar um comentário