Mostrar mensagens com a etiqueta Amador Montenegro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Amador Montenegro. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 30 de abril de 2021

Amador Montenegro 6

Por qué canto

[...]
Deprendín á cantar ouvindo as tróulas,
As canciós d'as fiadas,
As notas compasadas
Que s'escoitan n-os vales e ribeiras
D'o célteco a Ia lá n-as primaveiras,
D'ese canto xinxelo e malencóneco,
Sempre igoal; pro dôcísemo y-harmóneco.

Deprendín á cantar lendo n-a hestórea
Os feitos asombrosos
De qu'os fillos de Suevia valerosos
Foron autores, asombrand'ô mundo;
Aqués feitos groreosos
Que fel o pobo arda n-a mamórea,
Y-os vellos trasmitindo
Van âs xeneraciós que veñen vindo.
[...]

"Muxenas", Amador Montenegro 

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu em 1932.)

quinta-feira, 30 de abril de 2020

Amador Montenegro 5

Forte o ruxido
Se escoit'alí,
É que se bican
O Miño e Sil.
De terras váreas
Chegan aqui,
Y-ô s'alcontraren,
Ô se fundir
N-un abrazo, ¡quén sabe as hestóreas
Que quedo se din!

De lonxe veñen
D'o Miño e Sil
As áugas sempre
C-o seu ruxir.
Eu escoiteinas
Mil veces, mil,
E sempr'o mesmo
Penso qu'ouvín,
Unha hestórea moi triste, sin duda,
Moi triste e sin fin!

"Muxenas", Amador Montenegro 

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu em 1932.)

terça-feira, 30 de abril de 2019

Amador Montenegro 4

Por qué canto

[...]
Deprendín a cantar adimirando
Os feitizos que gard'a pátrea miña:
Ise sol esprendente,
Cuyos rayos, n-a terra, vai dourando
As espigas d'o pan n-o vran ardente;
Isa brisa lixeira e remorosa
Que xogando antr'as frores,
O cheiro rouba ô caravel y-â rosa,

O confidente sendo en seus amores.

Deprendín á cantar n-as carballeiras
A múseca escoitando d'os xilgueiros,
Y-en noites feiticeiras
D'o mes d'as frores, d'o surrente mayo,
Aquel perpeuto ensayo,
Aquel subrime cántico de amor,
Paseón ardente, sin igoal tenrura,
Qu'ô lado d'a sua femia o reiseñor
Entona n-a espesura.

[...]

"Muxenas", Amador Montenegro 

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu em 1932.)

sábado, 22 de setembro de 2018

Amador Montenegro 3

Por qué canto

Canto, por qué en Galícea,
N-esta bendita e feiticeira terra,
Dend'o val hastr'a serra,
Dend'as penas d'a praya âs altas cumes
Pobradas de remores e de arumes,
Todo canta, facéndolle xustícea,
Dando soaves ôs ventos
Notas mil de gratísemos concentos.

Os inquedos regatos
Que cruzan en cen voltas escumantes

Iste eterno xardín, aló n-os matos
Os xílgaros amantes;
As ondas bramadoras
Que reventan n-as prayas, ou mainiñas
Morrer veñen de mayo n-as tardiñas;
N-os pechos bosques o bramar d'as feras;
o cantar malencóneco e tristeiro
Qu'entona n-o seu barc'o mariñeiro;
As queixas d'a zanfona,
O célteco aturuxo qu'o aire fende
Resoando n-os vales e cañadas;
As notas compasdas
D'a gaita remolona,
Que pol-o imenso espáceo logo estende
O vento garimoso,
Estrofas son de un cántico fermoso.

[...]

"Muxenas", Amador Montenegro 

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu no dia 22 de Setembro de 1932.)

segunda-feira, 30 de abril de 2018

Amador Montenegro 2

N-a incrusa

Renx'o o torno, resoa a campanilla,
Escóitase un vaguido:
Unha nai sin entranas abandona
N-aquél istante un fillo.

Fora, marcha antr'as sombras a esconderse
Aquela fera humana;
Drento, corre unha virxen candorosa
Y-ô tenro infante abraza.

¡Bendit'a nosa Fé que nunca deixa,
N-o mundo, abandonado,
Ô probe ser, a quén a nai infame
Privou d'o seu regazo!


"Muxenas", Amador Montenegro 

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu em 1932.)

sexta-feira, 22 de setembro de 2017

Amador Montenegro

O pior enemigo

Entre as polas torcidas de un piñeiro
Que â veira do remanso de unha fonte
Medra, con outros, no cercano monte,
Seu niño puxo un parlador xilgueiro.

As xeadas pasaron de Xaneiro,
Levou a chea a non leixana ponte,
Brilou o sol cen veces no hourizonte,
Volveu a verdegar de novo o outeiro,

E o cantor habitante das alturas,
Respetado das augas e da neve,
Libre siguíu cantando mil venturas;

Mais un día ô fin chega en que o home aleve
O machado tronar nas espesuras
Fai y-o niño ô-chan ven, cal palla leve.

                  O home eu coido - e por vergonza o calo -
                  Que é de todol-os bichos o máis malo.

"Fábulas Galaico-Castellanas", Amador Montenegro

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu no dia 22 de Setembro de 1932.)