LUMIA.- Sería o urco, o can do mar.
MADANELA.- ¿O urco é malo? Pois era él.
LUMIA.- Din que o urco é un can mui grande que en noites pechas sae do mar, e vai por
rúas e por congostras oubeando con outros cáns que acoden á lle dar escolta. Leva unha
cadea arrastro. Por veces detense, e todol-os máis fanlle roda, calados.
MADANELA (esterrexendo).- ¡Qué medo!...
LUMIA.- Cousas de rapaces.
"Mourenza", Armando Cotarelo Valledor
(Armando Cotarelo Valledor nasceu no dia 28 de Dezembro de 1879. Morreu em 1950.)
Sem comentários:
Enviar um comentário