Escomenzamos a nota-las consecuencias da mala alimentación. Había moitos rostros macilentos, a maioría, e xa non se camiñaba tanto. Eu atopábame mal e xa non tiña ganas de comer o pouco que nos daban; xa non tiña nin ganas de pensare, deixaba ir en esmorecente desgaxo os pensamentos mouros. Quén mo dixera hai anos que iba morrer de fame! Fame; é unha sensación que non se pode describir porque a nosa fame era distinta xa que nos daban alimento; pero aí estaba o mal, que non facía máis que alimentar a fame prá que souperamos ben cómo era, como se vai sentindo cada día máis cinguida, máis afiada; sentíamola fame de mañán de mediodía, no serán, de noite, nesas noites de vixilia alimentada pola fame. Un día, lémbrome ben, non nos deron a pataca consabida e o rancho tampouco tiña os poucos anacos de costume, nin cabezas de peixe, ren; somentes auga quente tinxida con pemento; así estivemos dous días, a auga somentes. Nós xa pensabámo-lo peor; algúns decían que para aforrara as balas, querían-nos matar de fame.
"A Crueldade Inútil", Xerardo Díaz Fernández
(Xerardo Díaz Fernández nasceu no dia 18 de Dezembro de 1907. Morreu em 1992.)
Sem comentários:
Enviar um comentário