Aquela tarde, ben a meu pesar, vinme obrigado a iludir a reportaxe
de rigor. O espacioso salón do Círculo Mercantil estaba ateigado de
xente cando eu cheguei, trinta minutos despois da hora estipulada. A
culpa foi daquel maldito taxi, que me deixou a pé no medio do camiño.
Xa no vestíbulo de vistosos mármores, um bedel uniformado preguntou que desexaba.
- Falar co presidente da Comisión - respondinlle.
- De parte de quen?
- De Ramón Cudeiro.
Entón
o home fixo unha venia de cortesía. Tal vez pensou que se estaba vendo
de frente co autor premiado, pois a verdade é que eu ía "da súa
parte"...
"Terra Coutada", Antonio Fernández Pérez
(Antonio Fernández Pérez nasceu no dia 22 de Junho de 1909. Morreu em 1999.)
Sem comentários:
Enviar um comentário