Hai un pracer moi cumprido e escasamente práctico en follear o Catálogo
dunha libraría de vello. Alí están, en ordenación alfabética de autores,
o célebre manual metafísico, a mostra sobexa de costumismo de lei, o
novelón afamado, o obsoleto dicionario da rima ou o tratado de
balística, como oferta miscelánea para o lector vagaxeiro, para o que
empeza a achegarse aos libros polo tacto, pola vista, polo olfacto,
antes de mergullarse sen reservas no seu contido. A impresión artesanal,
como a escrita a lapis, son algo máis que procedementos. Son, cando
menos, exercicios de sinceridade. A sinceridade do home reside sempre
nas mans."Diario de Entretempo", Xoán Manuel Casado
(Xoán Manuel Casado nasceu no dia 18 de Dezembro de 1949. Morreu em 2002.)
Sem comentários:
Enviar um comentário