quarta-feira, 23 de dezembro de 2020

Letras Galegas 2021 dedicadas a Xela Arias

De certo, a vida ía en serio.
Por iso morrer non conta
números.

Eras moza,
cómplice nunha derrota que non
sumabas. Feliz por terte insomne
por inmortal.

Xa temos cadáveres amigos
e coñecidos,
sabemos da morte o legado inútil.

Pero que ridículo! non?,
abraza-lo feito feliz de xa medrar

- camiñar ás aforas -
en tempos asepticamente tan
Alienados.

"Intempériome", Xela Arias 

(O Día das Letras Galegas de 2021 será dedicado a Xela Arias, foi ontem decidido pela Real Academia Galega)

Sem comentários:

Enviar um comentário