sábado, 16 de novembro de 2019

Manuel García Barros 5

Eu vin unha ves a Curros

[...]
Acabou de despedirse do úneco acompañante que coíl hastra alí viñera, ó menos que eu puidera ver, soaron os trallazos dos postillóns, arrincou xemendo a "carrilana" e, arrechegándose no asento precurando máis cómoda postura, alá se foi Curros, coma quen di solitario, de Santiago, onde deixaba a delicada ofrenda dun ramo de frescas rosas e o ousequio duns magnífecos versos sobre a tumba da súa irmán espritual, a sen par Rosalía, cara á Cruña onde, nun aito grandioso, de eistraordinaria solenidade se lle poría sobre a fronte graciosa unha esplendente coroa feita de ouro e prata, coma "símbolo de agarimo de Galiza ó seu poeta".
Seguín a "carrilana" coa vista hastra que se perdeu, e ó dar a volta vin que tamén o facía o señor aquil que fora, como xa dixen, o úneco que fora a despedir a Curros, pois eu non era pra contarme, e que máis tarde soupen que se trataba do direutor da Gaceta de Galicia, don Antonio Fernández Tafall.
[...]

"Dos Meus Recordos", Manuel García Barros

(Manuel García Barros nasceu no dia 16 de Novembro de 1876. Morreu em 1972.)

Sem comentários:

Enviar um comentário