sexta-feira, 20 de julho de 2018

Manuel Fabeiro Gómez

Pranto en Compostela

¡Ai, luar en Compostela!
¡Ai, Quintana dos Mortos
con tantos soños de pedra!


¡Ai, Compostela belida,
que gardas nas túas rúas
as ilusións de Galiza!

¡Antre a choiva i antre o vento
os salaios da Terriña
en Compostela comprendo!

¡Soan sinos de delor,
no luar de Compostela
firen o meu corazón!

¡Ai a rúa do Vilar
ai, pedras de Compostela
quixera con vos chorar!

¡Ai luar de Compostela!
¡Ai, a Quintana dos Mortos!
¡Ai, os salaios da Terra!


Manuel Fabeiro Gómez 

(Manuel Fabeiro Gómez nasceu no dia 7 de Agosto de 1916. Morreu no dia 20 de Julho de 1992.)

Sem comentários:

Publicar um comentário