sábado, 21 de julho de 2018

Manuel Castro López 2

Andruco, un bo mozo, tiña una noiva, nomeada Adelaira, que lle daba desgustos a eito, sen entención de darllos. Adelaira cría en Deus, non era orfa, tiña irmaos; pro non había pra ela máis irmáns, pais nin Deus que Andruco, seu luceiro, súa sorrisa, seu alento, súa saúde: ¡era o seu pirmeiro amore! Pero outros mozos, anque conescían que il non lle gardaba menos afeuto, levados polo atrautivo dela, botábanlle, sempre que onde cadraba a vían, unhas olladas que alcendían de carraxe o corazón do noivo, cando, por suposto, as outeaba, que non eran poucas veces: non lle saía o carraxe ós beizos nin ós ollos, pra que nadie se decatase, no cal obedescía a Adelaira, que lle aconsellaba non facer caso, coma ela, baixando a cabeza diante daquelas provocacións, non o facía; pro o espritu de Andruco non tiña sosego. Pasou moito tempo. Unha mañá da risoña primadera, a rapariga camiñaba despacio, da fonte pra a casa cunha ola enriba da cabeza. Preto dela un rapás que non era Andruco dicíalle amorosiño: "¿por que non me escoitas, moza de cabelo de ouro, ollos de lume, cariña de ánxelo, fala doce cal o amañescer, garrida centura, andar de siñora?..." "¡Ansí é Adelaira! - respondeulle Andruco, que os siguía caladiñamente; - mais, ¿que che enteresa iso?" E ó mesmo tempo doulle na cachola, enritado, un forte pau, que fixo caír no chan ó estrevido froleador. "¡E ti toleache, Andruco!", escramou tembrando Adelaira, chea de ansiedá, perguntou ó ferido: "¿Fuco?... ¿Fuquiño?..." Foi en van, pois Fuco parescía morto.

"Volubilidá da muller", Manuel Castro López

(Manuel Castro López nasceu no dia 22 de Julho de 1860. Morreu em 1926.)

Sem comentários:

Enviar um comentário