segunda-feira, 14 de novembro de 2016

Avelino Díaz

Río Miño

Quem dixo, craro río Miño,
que naces em Fimuñá,
se xunt-a Monterredondo
xa pasas feito un rapaz?

Se xa na Ponte de Meira
semellas ser un lanzal
mozo, que canta as cantígas
i-ó lonxe vai troulear!


Eu sei que, sendo inda neno,
cando escoitas as campás
de Meira, na Veiga d-Horta,
aprendes a rezar.

E sei tamén de que tés
o teu bercio máis atrás,
aló na serra de Meira,
d-Irima no Pedregal.


E, den-ali, como todo
galego qu-ha d-emigrar,
xa sales dicindo um prego,
ou ben, um doce cantar.

Despois, no longo camiño
pol-a terra galicián,
es um meirego que marcha
camiño de Portugal.

Por esso, porqu-és meirego,
por esso te quero máis.
(Quizabes tuas augas levan
as bágoas de miña nai!)


Cando chegues, río galego,
ás costas de Portugal,
rolando en limpas maréias
voltas ás praias galiciáns.


Volve, río Miño, volve,
que o galego que se vai
po-los vieiros do mundo
sempre teima de voltar!


Avelino Díaz

(Avelino Díaz nasceu no dia 14 de Novembro de 1897. Morreu em 1971.)

Sem comentários:

Enviar um comentário