[...]
Como xa sabían falar o castelán decidiron sair a correr mundo dispostos a se faceren ricos. Mais cando xa estaban en terras de Castela, toparon un día no camiño con un home morto e, como tiñan bo natural, deulles pena dil e collérono pra arredalo da estrada. Niste intre chegaron os garda civís e preguntáronlles:
- "¡Quién mató a ese hombre?".
- Nosotros, respondéu o máis vello dos irmáns, pra lucir os seus conocementos de castelán.
- "¿Cuándo lo han matado?", volveron preguntar os civís.
- Ahora mismo, dixo o segundo, pra non se quedar atrás.
- "Entonces, dense Vds. por presos", dixeron os gardas.
- Está bien, repricóu o máis cativo, tan satisfeito de ver o ben que se enxerguían con aquela xente.
Entón os civís prendéronos e leváronos á cadea onde pagaron ca vida o aldraxe de esquencer a súa lingua pola allea.
"Galicia no Corazón", Ben-Cho-Shey
(Ben-Cho-Shey nasceu no dia 5 de Abril de 1896. Morreu em 1988.)
Sem comentários:
Enviar um comentário