Mentres chamaba, algo por rir e algo porque era certo, a min déuseme por lle dicir a Lidia que estaba a canda min: "Que pouquiño vale, ¿non si?". Cagueina. Non sei se me escoitou, pero o certo é que quedei marcada. Cando chegou ó meu nome, miroume ben mirada, púxose un chisco coloradote arredor das gafas e soltoume un: "¡séntate, séntate!" que non vira a conto pero resultou moi significativo. E cando ía tratar de aclarar que se ocultaba detrás daquela mirada e do "¡séntate, séntate!", espetoume con moi mala uva: "Conque xa atopámo-la simpática da clase, ¿verdade?". E como me debeu notar con forzas para lle pedir unha aclaración, cortoume en seco: "¡Que te sentes!, i¿entendido?!". Eu non me movín porque xa estaba sentada, pero as cousas empezaron a ir moi mal entre os dous desde ese primeiro momento.
A todo isto, xa lles debería a ter dito que todos me coñecen por a Alemana, aínda que o meu nome é Mar, que estudio administrativo en F.P, e que agora mesmo estou coma se un fume mesto que baixase do Curota atravesase a ría e se pousase enriba de min para me aniquilar. Cando este fume baixa e me aplana, non me queda a penas nada, só unhas ganas tolas de escribir, de me escribir...

"Selva Negra", Miguel Suárez Abel
(Miguel Suárez Abel nasceu em 1952. Morreu no dia 18 de Abril de 2017.)
Sem comentários:
Enviar um comentário