quarta-feira, 29 de janeiro de 2020

Xosé Fernández Ferreiro 5

Ribeirana do Sil

Ribeirana do Sil,
cando pases o río,
pensa en min.

Ribeirana do Sil,
se vas ó convento,
reza por min.

Ribeirana do Sil,
se algún día queres,
quéreme a min.

Ribeirana do Sil,
o día que eu morra,
chora por min,

porque ribeirana,
ribeirana do Sil,
eu por ti morrín.


"Ribeirana do Sil", Xosé Fernández Ferreiro

(Xosé Fernández Ferreiro nasceu no dia 29 de Janeiro de 1931. Morreu em 2015.)

Sem comentários:

Enviar um comentário