sexta-feira, 21 de julho de 2017

Manuel Castro López

Un home san que pide meiciña
 
¡Que burro...! - escramou surríndose Bras, ó ouvir a un doutor contar certo acontecemento.
- Perdoe... - repriqueille eu. - Quezá soilo era burro ise home no que menos sinifica; na fala: de empregar a
j en ves da g solasmente resultan as geadas, que o meu bon amigo D. Marcial Valladares, no seu Diccionario Gallego-Castellano, xusga defecto de la gente idiota. No fondo do desexo que manefestaba o médeco parece descobrirse algo pior que unha burrada: ou a gana de moler sen necesidade a un siñor, ou a fachenda de ter un direito ou unha bulra.
Cun movemento de ombros e cabesa mostrou Bras non ter desexo de conoscer mellor a aquel a quen chamaba burro pro segueu ríndose diste, por máis que un compañeiro fixo con tristura ista ouservación:
- A min non me estranan cousas como a que nos conta o doutor: como teño que soster trato con certa cras de xente, véxoas tódolos días; e danme pena, porque me din que falla moita insinanza no pobo.

[...]

Manuel Castro López

(Manuel Castro López nasceu no dia 22 de Julho de 1860. Morreu em 1926.)

Sem comentários:

Enviar um comentário