domingo, 22 de janeiro de 2017

Aureliano Pereira 2

Lonxe da terriña

Lonxe da terriña
lonxe do meu lar
que morriña teño
que angústias me dan
non che nego a bonitura
ceiño desta terriña
ceiño da terra allea
ai quen che me dera na miña

Ai meu alala
cando te oirei
chousas e searas
cando vos verei
son as frores dises campos
frorentes e bonitiñas
ai quen aló che me dera
entre pallas e entre ortigas!

Lonxe da terriña
que angustias me dan
os que vais pra ela
con vós me levai.  

 
Aureliano Pereira

(Aureliano Pereira nasceu no dia 22 de Janeiro de 1855. Morreu em 1906.)

Sem comentários:

Enviar um comentário