Heime aqui!
Heime
aqui, meu Deus, nú de materia.
Ollame sin amarqura o pensamento.
Apértame contra Ti profundamente,
como sabes facer cos miseros mortais, probes, informes.
Méteme dentro de Ti
e múdame das maldades, fortemente.
Deixa cair sobor de min a Túa man,
len e quedamente como un cantar de madrugada,
nas herbas da invernía ou nos xaramolos da existencia.
Bicame, Deus bó, na frente doorida,
érqueme hastra Ti que estás no alto.
Aléntame no mal que me corroe,
afástame do frio co Teu sopro,
arrólame no Teu berce de infindades.
Pega os meus pes ao brilo das estrelas.
Arrepúxame, Deus, na Túa roupa seca.
Verás, Deus de imensidade,
verás cómo son home saido de Ti mesmo.
Anque agora non son máis que criatura
sin nada que che presentar,
xa que Ti queres homes con vontade
¡heime aqui!
Si Ti queres homes,
ainda sexa con nodoas pecadouras,
si as lavas ca auga do Teu chover ardente,
¡Home son!
¡Heime aqui!
Avelino Abuín de Tembra
(Avelino Abuín de Tembra nasceu no dia 16 de Julho de 1931. Morreu em 2009.)
Sem comentários:
Enviar um comentário