terça-feira, 19 de julho de 2016

Constantino García

Galicia ten unha lingua de seu. Ten unha lingua que como todas - dicíame hai pouco un emigrante en Alemaña -, con palabras que o máis sabio dos lingüistas subscribiría, apréndese de boca a boca. Non hai poder fáctico (civil ou militar ou administrativo) que impida ese tesouro de comunicación social. Por iso non podo menos de lembra-las horas pasadas cun grupo de galegos en Colonia, que, abandonados á súa sorte individual, falan o galego que aprenderon dos seus devanceiros e que, á súa vez, llelo aprenden ós seus fillos. ¡Que exemplo máis digno!
Galicia ten unha lingua de seu, que está depositada na alma de tódolos galegofalantes, que teñen, ademais, a abriga moral de cultivala, usándoa en tódolos mesteres da súa vida.
Galicia ten unha lingua de seu, aínda que haxa quen pense que non serve senón para as pequenas ocasións e que para as grandes están o castelán ou mesmo o portugués.
Galicia ten unha lingua de seu que non necesita a axuda dos que agora a queren salvar eliminando as súas raíces co pobo.
Galicia fala galego e non se deixará arrebata-lo seu tesouro máis prezado cambiando as súas expresións máis íntimas, as súas verbas máis queridas, por expresións e verbas alleas ó seu espírito.

"Galicia tem unha lingua de seu", em "O Libro das Palabras", Constantino García

(Constantino García nasceu no dia 20 de Julho de 1927. Morreu em 2008.)

Sem comentários:

Enviar um comentário