segunda-feira, 3 de outubro de 2016

Ramón de Valenzuela

A brétema seguía cando comenzamos a rubir. A subida cansaba máis e afrouxamos o paso.
- Teño a boca reseca - dixo Barreiro.
- Iso nin dicilo debías, sendo como es furriel - contestoulle Bernaldo.
Os catro, ao mesmo tempo, ollamos a alambrada. Démonos unha aperta con ganas de aturuxar.

Achegámonos a ela a modiño, e con dous cañotos axuntamos dous arames para ver se estaban electrizados. Despois fomos pasando un tras de outro.
Non había ninguén gardando aquilo. Por min, e non sei se por eles, cruzou a sensación de espanto. Imaxineime noutra posición abandonada.
Reaxín súpeto, e díxenlle aos tres caladamente:
- Non teño dúbida que esta é unha posición republicana, pero, por se acaso, ao primeiro que atopemos deixámolo falar denantes que nós falemos. Se resultasen ser franquistas dicímoslle que fomos á aldea para buscar unhas tellas, porque sabíamos que aquilo estaba ocupado por eles e non había perigo. Despois a brétema fíxonos trocar o camiño.
Notei que o meu argumento caera como xeada enriba do seu entusiasmo.

Remoendo a situación volvemos a subir. Cando apareceu unha chabola, aceneilles que parasen e entrei só.

"Non Agardei por Ninguén", Ramón de Valenzuela

(Ramón de Valenzuela nasceu no dia 3 de Outubro de 1914. Morreu em 1980.)

Sem comentários:

Enviar um comentário