sexta-feira, 15 de janeiro de 2021

Manoel Riveiro Loureiro 3

Foi entón cando, aínda por riba do esmorecido que estaba, empezou a adoecer co frío, que o sentía día e noite e non lle daba quecido o corpo. E deu na teima de que o sacasen do hospital, que non quería morrer alí, que el ten a súa casa e quere deitar nela o seu derradeiro alento. Nunca tal se lle acordara, que no hospital estaba ben atendido, pero el quería estar no seu. Iso foi o que pediu e reclamou, e insistiu, e suplicou, xa non con falas, que voz non tiña, pero con acenos abondo expresivos, que Laura ben entendeu o que lle estaba a pedir...
Atopábase na súa habitación, agora si, e restáballe non máis ca poñerse en paz consigo, disposto xa para un bo pasamento. Non sabe o tempo que leva aquí, pero por fin sacárano do hospital. Por fin deixárono vir morrer á casa, aquí en Catabois, cerquiña do camposanto ferrolán. Tan preto está, a tan pouco andar, que non será preciso coche ningún, pois que ben chegan para levalo os dous xenros e mais un par de veciños.

    
"O Pasamento", Manoel Riveiro Loureiro

(Manoel Riveiro Loureiro nasceu em 1933. Morreu no dia 15 de Janeiro de 2009.)

Sem comentários:

Enviar um comentário