[...] A idade, o saber e as facultades propias da súa función dábanlle ao escolante unha superioridade natural dentro do noso mundo infantil. Pero a utilización ríxida dunha lingua distinta da nosa, dunha lingua que excluía a nosa, dáballe unha autoridade estraña, unha autoridade que non era natural, unha autoridade que tiña un significado negativo, xa que en lugar de establecer a súa superioridade persoal de mestre trataba de establecer a nosa inferioridade colectiva. E non só a nosa inferioridade en canto a escolares, senón a inferioridade nosa en canto galego-falantes. Mais esa inferioridade englobaba tamén os nosos pais, os nosos irmáns e familiares, os novos veciños, a todo o que era o noso mundo propio.
"Da Miña Acordanza", Ramón Piñeiro
(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)
Sem comentários:
Enviar um comentário