quarta-feira, 13 de dezembro de 2017

Albino Núñez Domínguez 2

[...]
Santa María, Barral
San Payo de Ventosela,
na barca de Portomiro
relembro a vosa traxedia.
Por eiqui pasou Xelmirez
preso, por mor das xenreiras
que tiña con Arias Pérez
señor da Pena Corneira
nos tempos en que o país
ourizado de fortezas
chamábanlle nos papés
"Territorio de Castela".
Despoixas, Pedro Madruga,
señor de vida e facenda,
que ó conde de Ribadavia
decote lle puña guerra,
namentras que en servidume
xemía a xente labrega,
vivindo en país tan rico
na mais penosa laceira.
[...]
 

"Romance de Castrelo de Miño", Albino Núñez Domínguez 

(Albino Núñez Domínguez nasceu no dia 13 de Dezembro de 1901. Morreu em 1974.)

Sem comentários:

Enviar um comentário