domingo, 23 de agosto de 2020

Carlos Casares 5

[...] Iniciadas no momento as dilixencias destinadas a establecer a correcta identificación do cadáver, o funcionario que suscribe atopouse coa dificultade derivada do estado que en primeira instancia aquel presentaba, co rostro deformado non só polos destrozos ocasionados polo impacto e traxectoria dos proxectís, senón tamén por unha acción posterior, seguramente intencionada, que consistiu en pasar coas rodas do vehículo sobre a parte do corpo comprendida entre o tercio superior do peito e o maxilar da víctima; o cal lle confería unha aparencia mongoloide, cunha hipertrofia mecánica da parte da cabeza situada por riba da liña que une o lóbulo da orella dereita co extremo inferior do apéndice nasal, que aparecía desmesuradamente inchado e confundido co labio superior, como ámbolos dous formasen un único órgano, anatomicamente semellante ó fuciño dun boi...

"Os Mortos Daquel Verán", Carlos Casares

(Carlos Casares nasceu no dia 24 de Agosto de 1941. Morreu em 2002.)

Sem comentários:

Enviar um comentário