Frauta na noite
Agoiro de frauta antiga
que namorou a lúa
medoñenta das rodas dos camiños
e os anelos das cobras. Ainda
un oco de soma é lar e faise medo.
O sapo era como un paxaro triste
en col de un ramaxe núo que refrexou a xerfa;
seu laído na tébra aluarado
rompeu os nidos segredos da noite.
Pólos derradeiros sonos
rodaba cristaíño un degaro de azas novas.
Nos arañeiros doídos
tece prantos a choviña
e o silenzo faise fonte na silveira.
O sapo é unha mazán vouga, lamacente,
noitébrega semente das silenzosas ágoas
que aloumiñan na noite malencónica
doces seixos de lúa.
O sapo foi un neno,
aquil neno encantado na maxia de unha léenda
que adeprendeu soíño
a cenza alobre das cobras e os lagartos.
O sapo foi un neno
c-un carreiriño de vagalumes en cada man
furada
n-aquel primeiro sono derrubado
xa cheo de paradiso.
"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás
(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)
Sem comentários:
Enviar um comentário