quarta-feira, 27 de maio de 2020

Xoán Cuveiro Piñol 3

Unha corrida de arroaces

[...]

Hai na devandita cividade, na mesma beira dela, un sitio que chaman "as Corbaceiras", onde no tempo de que vou a falar, había unha barca pra pasala xente e mailo gando á parroquia de Poio: pois ben, neste barrio da Moureira onde viven os pescadores e xente probe, non falta quen garda unha rede feita de cordas de esparto, pro grosas e fortes, e anque cando hai que usala, arroméndase e repárase polos desprefeutos que sole ter, e que costa bos cartos, esta rede esténdese dende o muelle das Corbaceiras astra a beira de Poio na orela do mar, de sorte que quedan drento, río arriba, tódolos arroaces que coa rubida da marea, soben ó río, no que se folgan os peixes astra a debalada da dita marea, e entón, é cando comeza a festa, que ben merece unha discriución.
[...]

Xoán Cuveiro Piñol

(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)

Sem comentários:

Enviar um comentário