quarta-feira, 17 de abril de 2019

Miguel Suárez Abel

Di Marcial que dicía Pessoa que a mellor maneira de escribir é dici-lo que un sente servíndose da gramática. Eu gramática non sei moita, pero si o que sinto; seino e vouno contar. Non sei se coa finura que di Marcial que tiña o Pessoa ese, pero contar vóullelo contar. Aforrarei moitas descricións e detalles nos que se deteñen os escritores de verdade, pois paréceme a min que o único que conseguen é aburrir. Pero iso si, ¿saben o que lles digo?: que me gustaría un montón que comezasen a ler e non desen parado; que estas letras tivesen un magnetismo especial e quedasen todos apegados nelas. Porque é moi triste coller un libro e sufrir para pasar da primeira páxina, ¿non lles parece? Polo menos a min pásame con eses libros que nos manda le-lo maricón de Anxo. ¿Quen lle diría desa merda de libros que nos obriga a ler? ¡Que cabrón! A min xa me colleu manía desde o primeiro día: o tío chega en plan chulo, míranos coma se nos fose mercar, séntase, abre de lista e ponse a chamar un por un.

"Selva Negra", Miguel Suárez Abel

(Miguel Suárez Abel nasceu em 1952. Morreu no dia 18 de Abril de 2017.)

Sem comentários:

Enviar um comentário