quarta-feira, 25 de abril de 2018

Evaristo Martelo Paumán 2

A misíon dos bardos

Non direi á patria miña,
que as penas doída chora,
tristemente,
como ferida anduriña,
que non sal do niño fóra:
"Cala e sente".


Non lle direi: "outros días
agarda, no teu deserto
lar, mellores;
que inda terás alegrías
e fuxirán, sei de certo,
teus doores".


Non lle direi: "mira adiante,
pensa en Dios e ten fianza
no destino".
Direille que se levante,
que o fin, andando se alcanza
do camiño.

[...]

"Landras e Bayas", Evaristo Martelo Paumán

(Evaristo Martelo Paumán nasceu no dia 25 de Abril de 1853. Morreu em 1928.)

Sem comentários:

Publicar um comentário