Mostrar mensagens com a etiqueta Xosé María Álvarez Blázquez. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xosé María Álvarez Blázquez. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2019

Xosé María Álvarez Blázquez 6

Amiga

- Ai, meu amigo,
anda o vento rifando conmigo.
- Ai, miña amada,
non é o vento, que eu son quén che fala.

- Ai, meu amor,
anda a i-auga a cantarme arredor.
- Ai, miña amante,
¿cómo coidas que a i-auga che cante?

- Ai, meu amado,
anda o sol a deitarme no prado.
- Ai, miña amiga,
íl non é, que son eu quén che obriga.

"Poemas de Ti e de Min", Xosé María Álvarez Blázquez

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)

domingo, 4 de fevereiro de 2018

Xosé María Álvarez Blázquez 5

Romance do pescador peleriño

Andivo todos os mares
baixo o corazón da vela.
Mariñeiro era por gala
dos mariñeiros da terra,
pescador nas outas augas
onde aboian as estrelas,
atal que brancas alfoias
para enfeitar ás sereas.


El navegar, navegaba
unha dorna mariñeira;
nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras,
no corazón -¡Ai, Dios santo! -
no corazón unha arela.


Os brazos eran de buxo,
os remos, palmas lixeiras,
o timón... ben semellaba
asa de gueivota albeira.
Onde él chegaba ca dorna
iña a barileza nela,
i o vento se Ile aquedaba
como unha pomba sinxela.


Os peixes choutaban ledos
polo albiscar na cuberta
co seu mouro peito ispido,
botando cantigas tenras.
¡Ai, él levaba, Dios santo,
no corazón unha arela!


Ela gardaba un segredo
debruzada na fiestra,
co mar metido na ialma,
que era moito mar para ela.
Os sargazos do cabelo
enredábanlle na testa,
porque o vento enredador
tiña cobiza das rendas.


Cicais fose por brincare,
ou sería por envexa,
o vento - lobo dos homes -
quixo arrabuñar na terra.
¡Ai! ¿onde irá o vento solto
choutando pola ribeira?
¡Ai, o vento entolecido
polo mar, coma unha besta!


(El gobernar, gobernaba
unha dorna mariñeira.)


Niguén escoitou a voce,
acolá na noite pecha,
co mar bruando arredor
ladaíñas agoirentas:
- ¡Líbrame, Señor Sant-Yago,
pescador da Galilea;
meu Sant-yago, navegante
en branca dorna de pedra!
Si me librares, Señor,
irei verte a Compostela,
descalciño dos dous pes,
no meu peito unha vieira.


Escoitar, ben o escoitara
Sant-Yago feito de pedra.


Vel ehí vai o peleriño
polas valgadas da terra;
sobor das cangadas costas
a crus de remos Ile beila.
Nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras;
no corazón ¡ai, Dios santo! -
no corazón unha arela.

Xosé María Álvarez Blázquez

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)

sábado, 4 de fevereiro de 2017

Xosé María Álvarez Blázquez 4

Irmáns:
Eu vos invito pra a loita. De hoxe en diante prométovos deixar no oco de un albre o meu bagaxe inútel de poeta e ire con vosco a onde vos queirades. E non hemos loitar coma o coello que fuxe da raposa, non; eu sei ben que se o coello fincara os dentes nos fuciños do seu nemigo, tiña xá moito camiño andado pra gañar. Nos temos de dal-o peito, e se en derradeiro termo a raposa nos pilla, morramos co-a ideia de que cando nos xanta a carne hemos tere bo celme.
Deitemos a pedra da nosa indiñazón na mansedume eistúpida dos illós e acendamos fachas nos osos dos bos de Carral. Eu sei de certo que os seus espritos andarán con nosco, latexarán a nosa veira e daránnos o bafo lene e balsamado do seu inmorredoiro amor a Galiza.
Eu ben sei que o esprito dos mártires de Carral está con nosco. Por iso non vos prego o minuto de silenzo que pol-os mortos se prega. Eu prégovos coma aos vivos, pois iles vivos están en vos, que vos poñades en pé.
Homes de Carral: ergueivos!

"Berro en Lembranza dos Herois de Carral", Xosé María Álvarez Blázquez

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2016

Xosé María Álvarez Blázquez 3

Ise neno da rúa

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.


E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -
viva, beba, baba, buba! -
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
- Non, home, non! - lle dixen a un de aqueles -
A xente pasa leda... Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!


"Canle Segredo", Xosé María Álvarez Blázquez

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)

quarta-feira, 4 de fevereiro de 2015

Xosé María Álvarez Blázquez 2

Solpor

Xa non é tempo de falar das rosas,
soños, amores, vida que pasou.
Agora chegan voces vagarosas
i eu, nun besbello, lles respondo: Vou…

Nin verso acedo nin amarga queixa.
De qué nos han valere, miña amiga!
Imos desengrellando esta madeixa
con lástima de nós e con fadiga.

Os fillos… Xa alá agarda a nosa prenda
- luz dos días abertos e louridos -
Os fillos! Santo e seña da contenda,
eles dediante e nós atrás, feridos.

Pousaremos os pés na branca area
mentres o día no solpor devala.
Nin ti ouces xa a o balbordo da marea
nin teño eu ansias de prender a fala.

Silandeiros os dous, de mans collidas,
imos devagariño pola praia,
de par en par os pasos, como as vidas…
A luz do sol, sobre do mar, esmaia.

Xosé María Álvarez Blázquez 

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)

terça-feira, 4 de fevereiro de 2014

Xosé María Álvarez Blázquez

Era un airiño soave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.

Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se metéu pola porta.

Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.

Era unha gracia sotil
que baixaba das estrelas...
¡Eras tí!

"Roseira do Teu Mencer", Xosé María Álvarez Blázquez

(Xosé María Álvarez Blázquez nasceu no dia 4 de Fevereiro de 1915. Morreu em 1985.)