Mostrar mensagens com a etiqueta Ardencias. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ardencias. Mostrar todas as mensagens

domingo, 11 de fevereiro de 2018

Manuel Lugrís Freire 4

O vento zoa

O vento zoa
nas outas lumieiras,
e do pinal viciño
óucese a fonda queixa.

Toquenando co sono
na lareira
están os cativiños
e namentras a nai salouca e reza.

O vento zoa
nas removidas tellas;
a saraiba inverniza
dun curisco, apredrea.

As ferintes saudades
medoñentas
nas almas arrequecen...
e namentras a nai salouca e reza.

O vento zoa
e unha cantiga enxerga
que de saudosos tempos xa pasados
as lembranzas esperta;

mais pensando no fillo
que levaran á guerra,
espello de aquel home
a nai, triste e dorida,
xa morto en terra allea,
xa non reza
porque coida que o vento
xeme tamén nas outas lumieiras
con laios tan firentes
como os dela.

"Ardencias", Manuel Lugrís Freire 

(Manuel Lugrís Freire nasceu no dia 11 de Fevereiro de 1863. Morreu em 1940.)

quinta-feira, 11 de fevereiro de 2016

Manuel Lugrís Freire 2

Envexa

Praia de Gandarío,
Longa, triste, deserta,
Onde as ondas mainiñas
con solermia se deitan;

As tuas augas gardan
Daquela doce nena
A lembranza de groria
Da sua espida beleza.

Augas de Gandarío,
Calade o nome dela,
E non digades nunca
Que por vós sinto envexa.

"Ardencias", Manuel Lugrís Freire 

(Manuel Lugrís Freire nasceu no dia 11 de Fevereiro de 1863. Morreu em 1940.)