quarta-feira, 25 de setembro de 2019

Daniel Pernas Nieto 5

A Naiciña d'os Remedios

N-a fala da musa miña
e d'os versos n'as rudeces
hai unha frol sin espiña,
remanso pr'o que camiña
d'este mundo entre fraqueces.

Solece. Pelra orballada,
po-lo respiro d'aurora,
feitura d'o Ben, amada
d'as estrelas, coroada,
a que d'o mundo é Señora. 

Doíña; bágoa d'o Ceo,
tola d’amores, sin lixo
prendeo a Dios n-o seu seo,
co-as cordas d'aquel deseo
de querer canto Dios quixo.

Pech'a noite d'o pecado,
trem-a lus, i-o novo día
esquence tempo pasado
que s'amosa enguedellado
tras a impiedade qu'espía.

E mentras qu'aló lapea
en fogueiradas o Sol,
ten d'abondo quen non cea,
quen nos seus ollos estea,
sendo d'o mund'o remol.

A Dona, pomba sinxela,
trocou con Dios un biquiño,
i-en Nazaret unha estrela
olla o carreiro qu'ourela...
i-a Nai quedou n-o camiño.

"Fala das Musas e Outros Poemas", Daniel Pernas Nieto

(Daniel Pernas Nieto nasceu no dia 25 de Setembro de 1884. Morreu em 1946.)

Sem comentários:

Enviar um comentário