No pouco tempo durante o cal puiden ver o corpo espido
de Carlos, morto e tirado na bañeira, antes de que Arturo me sacase pola forza
do cuarto de baño, pareceume que da parte dereita da cabeza do cadáver, á
altura da tempa, penduraba un cacho pequeno de óso esmigallado en anacos
minúsculos e afiados, igual que se fosen os fragmentos da casca dunha noz que
se acabase de partir. Desde aquela noite, o estoupido da pistola que acabou coa
vida de Carlos asocieino con esa imaxe, non polo ruído da arma en si, senón
porque me parecía que o cranio, ó ser rebentado pola bala, rachara daquela
mesma maneira.
"O Sol do Verán", Carlos Casares
(Carlos Casares nasceu no dia 24 de Agosto de 1941. Morreu em 2002.)
Sem comentários:
Enviar um comentário