quarta-feira, 10 de julho de 2019

Borobó 2

Inda que sempre escribía en prosa
castelán, soñei que si rimaría
os renglóns sairíanme na fermosa
fala en que falóu Rosalía.

E cando, por vez primeira, o texto
enceteino en galego, eu sentía
voar a prosa, escribindo en verso
coma si me levara da man Rosalía.

Deus me perdone, e Nosa Señora
da Saudade, señora de Murguía,
por meterme a facer versos, embora
ao xeito de Rosalía.

Borobó

(Borobó nasceu no dia 10 de Julho de 1916. Morreu em 2003.)

Sem comentários:

Enviar um comentário