Mostrar mensagens com a etiqueta Xosé Díaz Jácome. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xosé Díaz Jácome. Mostrar todas as mensagens

domingo, 19 de abril de 2020

Xosé Díaz Jácome 3

Éstase 

Unha gaita ou un anxo.
Unha rosa ou estrela.
Unha fonte frolida.
Unha pomba lueira.

Qué vella sede a nosa
para ágoa tan noviña!
Qué fresca mel azada
a túa boca frolida!

Qué paxaros de groria
na túa voz albeira!
Que ledos remuiños
no teu ollar de seda!

Gaita.
Rosa.
Fonte.
Pomba.

Xosé Díaz Jácome

(Xosé Díaz Jácome nasceu no dia 19 de Abril de 1910. Morreu em 1998.)

sexta-feira, 19 de abril de 2019

Xosé Díaz Jácome 2

O Neno durmía

Como unha cantiga…
Na máis outa aldea
leda romaría.

Perdida no monte…
Anxos de cristal
a soñar na fonte.

O Neno durmía…
As bágoas da estrela
na frol máis noviña.

No colo da noite…
Os sapos anainan
ó Neno que dorme.

Como unha cantiga
perdida no monte,
o Neno durmía
no colo da noite.

"Muíño Fidel", Xosé Díaz Jácome

(Xosé Díaz Jácome nasceu no dia 19 de Abril de 1910. Morreu em 1998.)

quinta-feira, 19 de abril de 2018

Xosé Díaz Jácome

García Lorca en Compostela

Auga peneirada 
por anxos de néboa,
cae feita vidro
sobre Compostela.

- ¡Ai, como resoa
no tambor das pedras!

A enloitada lúa
e as orfas estrelas
choran mainamente
sobre Compostela.

- ¡Ai, como nos doe
o son da súa queixa!

¿Quen desfolla o pranto
das outas camelias?
¡Quen espalla bágoas
sobre Compostela?

- ¡Ai, que tenro orballo
soñou o poeta!

"Muíño Fidel", Xosé Díaz Jácome

(Xosé Díaz Jácome nasceu no dia 19 de Abril de 1910. Morreu em 1998.)