Non sei d-adxetivos
¿Que teño mui mau xenio?
¿Que son pronto e impulsivo?
Que non’aturo a inxusticia
endexamáis, e pelexo a cotío?
Que ren é posíbel qu'éu
quede nunca indifrente
cando humillar vexo a home dino
por algún quidam noxento?
Que son mui raro e teño arreo
pulos ceibes; que son un temperamental?
Está ben, abofé. Non sei d-adxetivos.
Pro, coido..., non está mal!
Sabedes aquelo com-alcuño,
"da Patria i-a Honra..."?
Cando as firen, non hai máis que puños.
¡Ou, noxentamente, s-afonda!
Manuel Celso Garrido
(Manuel Celso Garrido nasceu no dia 2 de Dezembro de 1915. Morreu no dia 6 de Outubro de 1960.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Celso Garrido. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Celso Garrido. Mostrar todas as mensagens
sábado, 6 de outubro de 2018
sábado, 2 de dezembro de 2017
Manuel Celso Garrido
¡Saúde, Irmáns!
Saúde, Irmáns, a carón da garimosa terra nosa,
Pol-a céltiga Galiza inmorrente,
non laiemos máis: ¡Bruemos bariles agora!
¡Pol-a nosa caste, por Ella, camiñemos avante!
Coa nosa aición e rexa vontade
O GALEGO a de ser avante lema d-estimazón,
I-a-nosa Patrea será nosa, queirámolo todos!
i-abafemos a quen se opoña a súa redención.
Irmáns: un berro antergo e sagro
(os acomplexados fuxan da nosa veira:
só nos interesa do mundo un anaco,
só Galiza):¡Viva nosa Terra meiga!
¿Queredes máis, homes e mulleres
das mariñas, do agro e da cibdade?
Eí vos vai o berro angurioso i-eterno:
¡Viva Galiza ceibe!
"Saudade", Manuel Celso Garrido
(Manuel Celso Garrido nascei no dia 2 de Dezembro de 1915. Morreu em 1960.)

Subscrever:
Mensagens (Atom)