Mostrar mensagens com a etiqueta Cántigas de Alén. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Cántigas de Alén. Mostrar todas as mensagens

domingo, 25 de abril de 2021

José Ángel Valente 7

Cerquei, cercache,
cercámolo teu corpo, o meu, o teu,
coma si foran só un soio corpo.
Cercámolo na noite.
Ergueuse á ialba a voz
do home que pregaba.
Terra allea e máis nosa, alén, no lonxe.
Ouvín a voz.
Baixei sobor teu corpo.
Abríuse, améndoa.
Baixei ó outo
de ti, subín ó fondo
Ouvón a voz na raia
do sol, no achegamento
e na inseparación, no eixo
do día e maila noite,
de ti e de min.
Fiquei, fun ti.
E ti ficache
coma ti es, pra sempre
acesa.

"Cántigas de Alén", José Ángel Valente 

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)

sábado, 25 de abril de 2020

José Ángel Valente 6

Figura

De todo o que non fun
ficou a ausencia,
máis real que nos mesmos.

Coitelo da door do que non fumos,

fondo ferir o pranto do non nado.

Outeiros onde vín o moucho lonxe,

corredoiras da noite e sombra sombrecida
a dos meus eus sen mín fuxidos. 

Camino que non fixen,
amor que non amei e nome cego
de mín que ardeu sen terme sido dado.

"Cántigas de Alén", José Ángel Valente 

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)

quinta-feira, 25 de abril de 2019

José Ángel Valente 5

Anceio.

O verbo crea o movimento
da luz no fondo
das marguradas augas.

Mañán,
non pouses inda
os teus paxaros louros
no meu peito ferido.

"Cántigas de Alén", José Ángel Valente 

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)

quarta-feira, 25 de abril de 2018

José Ángel Valente 4

Amarelece acedo o tempo
e non hai tempo
para máis desdecir a morte.
Mariñeiro que levas
a barca do pasar,
na enxarcia a paxariña
inda di o seu cantar.
Escóitoa alen do tempo.


"Cántigas de Alén", José Ángel Valente 

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)

terça-feira, 25 de abril de 2017

José Ángel Valente 3

Cántiga do eterno inretorno

Quero ficar asín, solo, no lonxe
sen ninguén, sen nadie,
paxaro que no ar infindo voa,
no baleiro do ar
cara ó hourizonte onde xamais se chega,
e nunca xa poder - ficar asín
voltar á orixe para sempre borrada.

"Cántigas de Alén", José Ángel Valente 

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)

segunda-feira, 25 de abril de 2016

José Ángel Valente 2

Escoita, mai, voltei.

Estou no adro
onde aquel día o grande corpo
de meu avó ficou.
Inda oio o pranto.


Voltei. Nunca partira.

Alongarme somente foi o xeito
de ficar para sempre.


"Cántigas de Alén", José Ángel Valente 

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)

sábado, 25 de abril de 2015

José Ángel Valente

Esmorecen os soños,
cae a noite na noite.
Non hai luz que non sexa
o brancor dos teus seios.


Aíllame no alento.

Que eu poida ouvir aínda,
como Alexander Blok,
o chío das galaxias
cando brile no ceo a cauda acesa
do cometa Halley e cando todos
os sinais fo fin
teñen sido xuntados.

                      Imos
cara ó serán, amor, do século
sin saber si aínda hai
ventura saecula
ou si a face do enigma non será
nosa face no espello
e si tódalas verbas
non te serán,
sin sabérmolo nós, de seu comprido.


"Cántigas de Alén", José Ángel Valente

(José Ángel Valente nasceu no dia 25 de Abril de 1919. Morreu em 2000.)