Mostrar mensagens com a etiqueta Antón Zapata García. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Antón Zapata García. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 26 de fevereiro de 2021

Antón Zapata García 4

¿Quén fúi?...

¿Quén fúi o desleigado que dixera
que Galiza non ten na súa fala
as virtudes do mármore e da cera,
do aceiro, do xílgaro e da ala?
 
¿Quén fúi o malpocado que nacera 
con irta condizón de besta mala, 
pra non ver que non houbo quen pudera 
torcer o seu camiño nin matal-a?
 
¡Fuxe can!... ¡Vaite can!... Dareiche broa...
pois, cal dixo o poeta:"Se da aboa
o tesouro da lingua non herdaras",

un consello dareiche encol da Lúa
e do mar de Galiza, cando brúa:
¡Mellor fora, ¡mellor!, que n-oubearas!... 

Antón Zapata García

(Antón Zapata García nasceu no dia 26 de Fevereiro de 1886. Morreu em 1953.)

quarta-feira, 26 de fevereiro de 2020

Antón Zapata García 3

A crus da Rosa 

[...]
Tampouco lle importaba dos veciños
que, de Laxe, con él, â Cruña, viran,
i-en negros trasatrantes imigraran
pra Habana e Filipinas...,
¡pois os homes de Laxe, a todos ventos,
pol-o mundo se vân, como anduriñas,
máis que nada, por moda, pol-o infruxo
de algún que enriquecío sin legría!,
¡¡case todal-a vida n-un taboeiro
espendendo texidos ou bebidas!!...
[...] 

Antón Zapata García

(Antón Zapata García nasceu no dia 26 de Fevereiro de 1886. Morreu em 1953.)

terça-feira, 26 de fevereiro de 2019

Antón Zapata García 2

O herbedeiro de Lourido

[...]
Qué lediza miral-o,
pra os meus ollos de neno mariñeiro,
cando iba, pol-o outón, leval-a moaxe,
non ben cantaba o galo
da casa no poleiro!:
un ferrado de millo,
a pê, dendes de Laxe,
tripando no morrillo
da branca carretera, ou pol-a praia
onde o Ártabro salaia,
ou pol-o mal camiño, costa arriba,
de croios pren e hirtada pedra viva...
[...]

Antón Zapata García

(Antón Zapata García nasceu no dia 26 de Fevereiro de 1886. Morreu em 1953.)

quarta-feira, 20 de junho de 2018

Antón Zapata García

Miña nai - se ll-ôs pedían -
facía, a veces, cantares,
e botaballes pimenta
contra os caciques e alcaldes.

Na Fala dos Bergantiños
arrulóume miña nai,
cantando doces cantigas
da montana e veiramar.

"Cantares Galegos", Antón Zapata García

(Antón Zapata García nasceu no dia 26 de Fevereiro de 1886. Morreu no dia 20 de Junho de 1953.)