¡Ela!
[...]
Foi ela. Era unha onda
do rio, mansa e leda;
pura com’unha aurora,
com’unha pomba, tenra;
tiña n-as aas a cor das margaridas,
tiña n-a frente o sol das primadeiras;
y-era onda e muller, esfinxe e santa,
era corpo, era idea!
¿Qué voz, qué lei, qué forza
sacode a catalepsia
do curazón dormido,
e puxante o desperta?
N-ese ridor crepúsculo da vida,
n-esa frorida veiga
que chaman mocedá, ¿qué lus estrana
fai alcender as almas dos poetas?
¿Qué fulxida rayola
¡érguete! escribe n-as profundas trebas?
[...]
sacode a catalepsia
do curazón dormido,
e puxante o desperta?
N-ese ridor crepúsculo da vida,
n-esa frorida veiga
que chaman mocedá, ¿qué lus estrana
fai alcender as almas dos poetas?
¿Qué fulxida rayola
¡érguete! escribe n-as profundas trebas?
[...]
Urbano González Varela
(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu em 1906.)
Sem comentários:
Enviar um comentário