Testamento
Eu, Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932, perante o notario declaro:
Que sempre menosprecei, un algo máis da conta, o diñeiro e as posesións dos que é modesta administradora a miña muller, Sari. Dun seu anterior matrimonio é filla Sara, que me distingue co título honorífico de pai. Casou con Luís, e teñen dous fillos que me chaman avó e así, sen dispendio xenético ningún, pasei a ter netos.
A eles, Roi e Iria, lego o meu modesto capital simbólico: senllas sandalias e un camiño, o que eu mesmo fixen peregrinando pola Terra Chá ata o sue extremo na serra de Meira, no Pedragal de Irimia, onde nace o Pai Miño. Alí me bauticei simbolicamente - "Eu renazo galego" - e, tralo casamento da galeguidade e a fe cristiá, recobrei a fala. Queiran, Abraham e Breogán, que os meus netiños, xa encamiñados, se vaian facendo irimegos, da familia de crentes galegos.
Xosé Chao Rego
(Xosé Chao Rego nasceu no dia 23 de Abril de 1932. Morreu no dia 28 de Novembro de 2015.)
Sem comentários:
Enviar um comentário