Aquela mesma tarde o Capitán dos de Asalto habíame parado pra ameazarme por andar tratando de salvar a Bóveda, o roxo-separatista, "y tú eres uno de esos, y te va a pasar lo que a él". O Guardia falábame en galego. - Mire, señor Sesto; por favor, escóiteme.
Había nos seus ollos unha door infinda, como un pasmo sin fondo.
Decateime axiña e doume confianza. Comprendín no intre que non era un nemigo. - Señor Sesto, eu son moi amigo de Bóveda; aínda o outro día fun a visitalo á cadea coa miña muller. Somos tamén de Ourense, e brincamos xuntos de meniños. E agora, agora... - agora qué?, pergunteille. - Sorteáronme, e teño que formar no pelotón de fusilamento. - Póñase enfermo, aconselleille. - Fáranme Consello de Guerra, pois non mo creerían, teño fama de repubricán. O que vou a faguer e negarme. Si me fusilan que me fusilen por algo.
- ¿Ten fllos?. - Teño sí, señor.
Eu estaba vivindo ises momentos que fican fora da realidade cotián, fora da norma do vivir e do morrer, nun terreo no que as ideias, os sentimentos, as verbas, perden o senso de todolos días pra se adentrar nun mundo despersoalizado no que xa non se sabe si é fogo ou xelo o que nos consume.
- ¿E que vai a conquerir con que o maten a vostede tamén?. ¿De qué pode servir outra morte máis?. Nin tan siquera tería o consolo de oferescer a sua vida pola dél. - ¿Qué vou a faguer entón, señor Sesto?. - Vostede é católico?. - Son sí, señor.
Era xa un volcán a estoupar no meu cor, i algo nos meus beizos falóu, que non era eu. Unha voz que non era a miña.
- ¿Qué tal tirador é?. - Estou calificado de pirmeira. - Pois ise valor tan estraordinario que vexo en vostede póñao ao servizo, sereamente, do seu pulso e apúntelle ao cor, pra que non sufra. I oferezca a sua door por Alexandre e por Galiza.
Alonxeime axiña, arrepíado. Ouvin detrás de min un salouco.
Non volvín a ver na miña vida a aquel horne; nin perguntei por él; nin sei cómo se chamaba. Soio soupen dempois que Alexandre Bóveda tiña un disparo no meio e meio do cor.

"Vida, Paixón e Morte de Alexandre Bóveda", Xerardo Álvarez Gallego
(Xerardo Álvarez Gallego nasceu no dia 29 de Novembro de 1899. Morreu em 1986.)
Sem comentários:
Enviar um comentário