sábado, 30 de setembro de 2017

Vicente Risco 5

Viña o tranway toupetante e lumioso. Alveiros pillouno e chegou â casa.
Oito días levou estudiando o rescrito, antre libros d'arqueoloxía e d'ocultismo. Comparou a escritura aquela co-as figuras que fan as estrelas no ceo, cos símbolos alquímicos, cos sinos do Zodiaco e dos planetas, con polígonos regulares, con todo los esquemas que tivo â man. Resolveu mil cuestiós de simboloxía. Os probremas dos comenzos enchíanse de luz no seu miolo, pro non atopaba a tradución: â correspondencia fonética d'aquelas letras se non podía chegar por ningún camiño. Traballou de alma... Traballou un día mais qu'o Creador, mais é qu'o Creador non traballaba por trinta mil pesos...
O oitavo día, espapallado, non s'ergueu do leito.
- ¡Ay que centella, malos diaños non me coman, que besta son! E podia que non cumpla rezal-o rescrito: os lamas do Tibet meten as oraciós n'un muiño de man e danlle voltas, e cada volta que dan val coma se dixeran a oración unha vez... Y-eu sen cair da burra!... ¡Olla o demo!... E botous'a durmir. 

"D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros", Vicente Risco

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)

Sem comentários:

Enviar um comentário