Mostrar mensagens com a etiqueta Nocturno. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Nocturno. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 18 de dezembro de 2018

Luís Pimentel 5

Nocturno 

Falaríasme ti agora das rosas
sen voz e espidas na noite
- ti, o garrido amigo
dos cursis poemas -,
porque eu estou dentro
dunha maciza torre,
emparedado de sombras.


Sei que non estou no xardín,
a rentes da casa,
esluída no aire escuro.

Virías como aquel Jean Borliu,
co seu cinguido traxe de veludo negro,
ou espido coma un xunco de ouro.
Ti, capaz de arredar as sombras
e de cortar as rosas na noite,
portador nas túas maos tristes
dun brillante paxaro de prata.

¿Que máis podes desexar,
ou, meu garrido e cursi amigo?

A noite, as rosas, o fermoso estanque
e ela morta na súa alcoba.

Ela, co seu pelo en silencio,
dentro do seu traxe de dura seda.
Ti poñeríaslle as frías sortellas,
calzaríaslle os escarpíns,
porque aínda teñen luz os seus pés espidos.

Cúbrea de rosas e de ébano
porque a noite é iso.

¡Ou, meu garrido amigo,
fai que cante nas túas tristes maos
ese brillante paxaro de prata!


Luís Pimentel

(Luís Pimentel nasceu no dia 18 de Dezembro de 1895. Morreu em 1958.)

quinta-feira, 29 de março de 2018

Xoán Vidal Martínez 2

Noites brancas de pálida lúa
prefumadas c-o aroma d´as froles:
noites compañeiras;
compañeiras noites,
que sabedes das miñas tristuras
e sabedes d´os fondos doores

"Mágoas", Xoán Vidal Martínez

(Xoán Vidal Martínez nasceu no dia 29 de Março de 1904. Morreu em 1994.)

quarta-feira, 29 de março de 2017

Xoán Vidal Martínez

Cantan as estrelas no ceo e no río
cantan as estrelas
a cantiga branca
dos momentos líricos

"Voz y Memoria (Antología Poética)", Xoán Vidal Martínez

(Xoán Vidal Martínez nasceu no dia 29 de Março de 1904. Morreu em 1994.)