Mostrar mensagens com a etiqueta Lois Tobío. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Lois Tobío. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 13 de junho de 2019

Lois Tobío 2

A amistade con Bacon

[...]
Dixen denantes que o regalo do viño tiña chegado moi a punto porque era a millor meiciña pra o trance. Bacon, coma Gondomar, era propenso ás depresións (daquela chamábanlle malenconía) que lle daban de cotío, máis que nada nas tardes. "Some conforting drink", escribía, "at four o'clock which the hour of my languishing, were proper for me". O viño de Gondomar axudoulle a aturar aqueles desazos. Retirado a Gorhambury, pasou os derradeiros cinco anos, nobres, sereos, fecundos, da súa vida. Non sabemos se neste tempo tivo algunha relación directa ou indirecta, co noso don Diego. Mais este lía os seus libros. No inventario dos que tiña en Valladolid - que non eran todos - figuran: "Fco. Baconi, De Sapientia veterum, Londres 1617" e máis "Francis Bacon, Viscount St Alban. The lyfe of Henry the 7 King of England f.° London 1622".
Bacon e Gondomar morreron no mesmo ano de 1626: aquel en abril, este en outubro.


"Catro ensaios sobre o conde de Gondomar", Lois Tobío

(Lois Tobío nasceu no dia 13 de Junho de 1906. Morreu em 2003.)

terça-feira, 13 de março de 2018

Lois Tobío

A viaxe de Viveiro a Santiago fixémola no automóbil da liña deica Baamonde onde tomamos o tren para Curtis e aquí outra volta o automóbil no que chegamos a Santiago, case todo o día sobre rodas. Eramos sete, meus pais e cinco cativos: a miña irmá Ofelia quedara a vivir cos tíos Aristegui e Matilde que non tiñan fillos. As dúas partes do camiño que fixemos en automóbil foron un tormento para a miña nai e para nós os pequenos porque nos mareamos. Aquel abaneo pola estrada de terra e morrillo, chea de fochancas, e, máis ca nada, o cheiro de gasolina puxéronnos á miseria e non parábamos de golsar. En troques, o treito no que fumos no tren, que marchaba lene e coma esvarando, fora un alivio. O noso pai levaba un tollepó caqui que lle chegaba ata os pés e miña nai tamén un tollepó anque máis feituco e un chapaeu de ancha aba que sostiña cun longo echarpe de gasa añudado en baixo do bico. Levábamos pouco bagaxe, duas malas e dous cabases soamente porque os baús coa roupa e os libros, cadros, mobles e trebellos e demáis cousas da casa ían nunha zorra tirada por cabalos que se contratara cun señor Muriel que se adicaba a transportes.

"As Décadas de T. L.", Lois Tobío

(Lois Tobío Fernández nasceu no dia 13 de Junho de 1906. Morreu no dia 13 de Março de 2003.)