Sada
¡Sada! ¡Sada! terra miña
Onde o meu berce abalou,
O teu nome levo escrito
No fondo do corazón.
Podes ferir e aldraxarme,
Podes meu nome negar,
Que eu hei de seguir queréndote
Hasta o último alentar.
Axuntada có teu nome
Vai sempre a miña ilusión...
¡Fuche-la musa sagrada
Que os meus versos inspirou!
"As Mariñas de Sada", Manuel Lugrís Freire
(Manuel Lugrís Freire nasceu no dia 11 de Fevereiro de 1863. Morreu em 1940.)
Mostrar mensagens com a etiqueta As Mariñas de Sada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta As Mariñas de Sada. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 11 de fevereiro de 2020
segunda-feira, 11 de fevereiro de 2019
Manuel Lugrís Freire 5
O celta
Inda vaga de noite entre os chouzales
A soma do esforzado Lartovedo,
Que aló no altivo castro das Mariñas
Morreu loitando polos patrios eidos.
Inda na Fragachán, entre os carballos,
Cando nas noites enxordece o vento,
Escóitase potente, airado, forte
Himno de Liberta.
Cando era neno
A voz do celta Lartovedo ouvina,
E ela acendeu no fondo do meu peito
O santo amor da patria, que deu forma
Aos meus cativos e esmirrados versos.
- "Non sodes donos de esquencer - decía
Esta patria que Eibrón deixou en herdo,
E que Theut, no reparto deste mundo,
Este chan nos donou. Nada puxeron
Os homes nesta patria. Altos desinios
Son os que fan os pobos, e nos deron
Casta, lenguaxe, tradiciós, espíritu
Pra figurar na loita do progreso.
Os que esquencen a patria son traidores
Á lei da natureza, á voz do ceo.
É un sagrado deber para os meus fillos
Defender ata a morte os nosos eidos.
Por eles eu morrín, e o meu espíritu
O non deixálos recibeu por premio.
Un pobo que á outro imita é pobo morto;
Galicia pouco a pouco vai morrendo...
¡Fillos de Eibrón! ¡A defende-la terra
Contra o semita igualitario e fero!"
"As Mariñas de Sada", Manuel Lugrís Freire
(Manuel Lugrís Freire nasceu no dia 11 de Fevereiro de 1863. Morreu em 1940.)
Inda vaga de noite entre os chouzales
A soma do esforzado Lartovedo,
Que aló no altivo castro das Mariñas
Morreu loitando polos patrios eidos.
Inda na Fragachán, entre os carballos,
Cando nas noites enxordece o vento,
Escóitase potente, airado, forte
Himno de Liberta.
Cando era neno
A voz do celta Lartovedo ouvina,
E ela acendeu no fondo do meu peito
O santo amor da patria, que deu forma
Aos meus cativos e esmirrados versos.
- "Non sodes donos de esquencer - decía
Esta patria que Eibrón deixou en herdo,
E que Theut, no reparto deste mundo,
Este chan nos donou. Nada puxeron
Os homes nesta patria. Altos desinios
Son os que fan os pobos, e nos deron
Casta, lenguaxe, tradiciós, espíritu
Pra figurar na loita do progreso.
Os que esquencen a patria son traidores
Á lei da natureza, á voz do ceo.
É un sagrado deber para os meus fillos
Defender ata a morte os nosos eidos.
Por eles eu morrín, e o meu espíritu
O non deixálos recibeu por premio.
Un pobo que á outro imita é pobo morto;
Galicia pouco a pouco vai morrendo...
¡Fillos de Eibrón! ¡A defende-la terra
Contra o semita igualitario e fero!"
"As Mariñas de Sada", Manuel Lugrís Freire
(Manuel Lugrís Freire nasceu no dia 11 de Fevereiro de 1863. Morreu em 1940.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)