Mostrar mensagens com a etiqueta A Galicia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta A Galicia. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 2 de fevereiro de 2021

Francisco María da la Iglesia 5

[...]
¡Miráde! ¡Aquela é! Seu rostro amante
Entr' os ancians e sabios d' esta terra
Está tan arrogante,
Que trás seu morrion parez que encerra
Do Hespeiro aquel rodicio alborexante. 

So purpuriña capa, de alboliño
Vistido tray da hombreira hastr' o nocelo,
Cinguido no banciño,
Hastra donde lle pende o seu cabelo
Longo, crecho, mimoso e douradiño.

Talla de porte tén, tésta espaciosa
Brazo redondo rexo: mau pequena,
Ancha cadeira airosa,
Fala que torna amor a loura pena, 
Branca fazula con albor de rosa.

De ouro do Sil, e de mestura alleo,
Feligranado, como o sol luminoso,
E de carbuncros cheo,
Gárdalle o peto de armas máis rumboso
Os grobos lateántes do seu seo.

E escravos d' uns boticos apulentos
De malla fina de courel de prata
Tray seus pés armiñentos
Que ceiban das fervelas que Ilos ata
Do arco íres a luz nos movementos.

Tray pendente ó seu cólo torneado
Fagudiño e tan branco como a neve,
Cruceiriño dourado
Por ríca gargantela que se embebe
Baixo a crencha raiz do emprequitado.

Luceiros da miñan son seus olliños
Que rouban o alvedrio, d' unh'a ollada;
E hastra os craveliños,
E os mesmos rosicreres da alborada
Pidenll' alento e tinta ós seus labiños.
[...]

Francisco María da la Iglesia

(Francisco María da la Iglesia nasceu no dia 2 de Fevereiro de 1827. Morreu em 1897.)

sexta-feira, 9 de outubro de 2020

Francisco Añón 5

A Galicia
 
[...]
De ti lonxe, querido corruncho,
Eu morréndome estou d'amargura,
Como a froita que vay xa madura,
E entre silvas o vento guindou.

¡Teño envidia d'a libre andoriña,
Q'ahí chega por todo-l'os mayos!...
¡Teño envidia d'as nubes e rayos,
Q'o Sudeste a esas terras levou!...
 
A ti voa entre ardentes suspiros,
Sobre as trémulas alas d'o vento,
A soidade d'o meu pensamento,
Que decote cravado está en ti!!
 
Por diversos paises que eu vaya,
Ti serás miña doce memoria...
¡Mesmo entrar non quixera n'a gloria
Sin primeiro pasar por ahí!!!
[...]

"Poesías Varias", Francisco Añón

(Francisco Añón nasceu no dia 9 de Outubro de 1812. Morreu em 1878.)

domingo, 2 de fevereiro de 2020

Francisco María da la Iglesia 4

A Galicia 

[...] 
Alí tén cada monte, rio e vale,
Decote de servicio as suas fadas
Co ouxeto prencipale
D' ir mostrando a Galicia as grans restradas
Dos béns que de cotío d' eles sale.

Por eso canto á terra e o mar nos botan,
Merca a endustria, e reforma a arte,
Ali xuntas se notan
E hastra os fróses do rebérte Marte
Por que nada fallar, tamen se acotan.

Tamen ceibando lumes espellantes
A fada que fay luz da nosa Historia,
Con trenzas de diamantes
Tecendo está o loureiro para a groria
Das prumas d' esta terra máis amantes.

Póis bén, no medio d' este rol da cencia
Está
Galicia con morrion e lanza
E garbosa presencia
Esperando a Corton que hastra ela avanza
Ardendo por erguer a Gaya-Scencia.

[...]

Francisco María da la Iglesia

(Francisco María da la Iglesia nasceu no dia 2 de Fevereiro de 1827. Morreu em 1897.)

quarta-feira, 9 de outubro de 2019

Francisco Añón 4

A Galicia

[...]
E dimpois un-a endrómena rara
Vin moverse con agoa fervente
E silvando com'unha serpente,
Como un lóstrego os campos cruzou.


Era aquel o porvir que xa soa
E d'as probes aldeas fay vilas...
Adios cantos e Musas tranquilas!
O imperio d'a industria empezou.

Acordey... O meu soño dourado,
Como fume pasou de repente,
E magoado o meu peito se sente
De soidades e amor palpitar.


Marmurey - ¡adorada Galicia!...
(E d'os ollos chovíanme as bágoas).
¡Quén pudera beber tuas agoas,
E teus aires feliz respirar!!!

[...]

"Poesías Varias", Francisco Añón

(Francisco Añón nasceu no dia 9 de Outubro de 1812. Morreu em 1878.)

sábado, 2 de fevereiro de 2019

Francisco María da la Iglesia 3

A Galicia

[...]
N' aquel gayo praiso onde pousaron
Os xenios que ó Parnaso nome deron
E os dioses se enterraron
Des que na Grecia de pesar morreron,
Logo que as rosas do Calvario ollaron;

Enriba d' aquel monte donde chora
Albos alxofres pol o roxo amante
Diana Cazadora
Cando a fay prisioneira o vello Atlante
Ó sentirse el arder coa luz da Aurora;

Mesmo alí ond' a vista s' enfeitiza
Entre Lira, Fisterra e a Lobeira,
Ollando a prata riza
Que mostra á Colombian fonda carreira
Onde vorcans o sol á tarde atiza;

Nun campo de mentrastes e espadanas
Mimado pol o alento recendoso
Das frores gayolanas,
Tén Galicia o seu tempro maxestoso
Gardado po Ias Musas galicianas;

Onde vay recollendo os seus tesouros
Que acabar tantos sigros non poideron,
Suevos, Romans, nin Mouros,
Nin o Franco e o Ingrés que acó viñeron
Cos seus non de esquencer, proeutos louros.

[...]

Francisco María da la Iglesia

(Francisco María da la Iglesia nasceu no dia 2 de Fevereiro de 1827. Morreu em 1897.)

terça-feira, 9 de outubro de 2018

Francisco Añón 3

A Galicia

[...]
O través d'aguzados penedos
Penso ver empinados petoutos,
Viñas, hortas, devsas e soutos,
Q'apouvigan os ventos d'o Sul.
 

E saltando regueiros e valos,
Cata xa outros bós horizontes,
Outros veigas, mariñas e montes,
Que se perden n'a brétema azul.

Soño ahí q'entre verdes pereiras
Fouliadas alegres escoito,
Cando o Ceo se reviste de loito
N'as poéticas noites d'o bran.
 

E q'en medio de nenas garridas
Canta un mozo con voz pracenteira,
Para o lado tumbada a monteira,
Un-a orella tapando c'a man.


Eu soñey ver n'a cume d'o Pindo,
Adornados de mirto e loureiros,
Escritores poetas guerreiros,
Que sorrindo se daban a man.
 

Eran eses os fillos mais caros,
Que d'a Patria aumentaron a gloria:
Os seus nomes n'os fastos d'a historia
Con diamante grabados serán.

[...]

"Poesías Varias", Francisco Añón

(Francisco Añón nasceu no dia 9 de Outubro de 1812. Morreu em 1878.)

sexta-feira, 2 de fevereiro de 2018

Francisco María da la Iglesia 2

A Galicia

No sagro Pindo que hastra o ceu levanta
Do Ézaro ó pé garrida testa
E bica a sua pranta
Dourado mare donde en louca festa
A Ieda silfe co a Serena canta;


Naquel monte d' antigo tan famoso
A quen os grecos e os romans cantaron,
Onde amaña mimoso
O sol dos arreboles que inframaron
A cantos ver viñeron o chau noso;
 

Alí onde aquel rio arrecendado
Quer subir hastra o ceu de amor fervendo
Por seu leito froreado
E no seo do mar morre xemendo
En chuvias de diamantes cambeado.

[...]

Francisco María da la Iglesia

(Francisco María da la Iglesia nasceu no dia 2 de Fevereiro de 1827. Morreu em 1897.)

sexta-feira, 16 de dezembro de 2016

Xoán Manuel Pintos

A Galicia 

Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che meten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.

No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!

Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!

Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès direito.

"A Gaita Galega", Xoán Manuel Pintos

(Xoán Manuel Pintos nasceu no dia 16 de Dezembro de 1811. Morreu em 1876.)