O lagarto
Malencónico seixo do lecer,
doce namoro meu do meiodía centro,
pan quente a miña pel verdexiada,
ista derradeira raiola, ista pinga de luz
cae ispida no pó da corredoira. N-é túa.
Virán somas e medos
agudos como cristaes de neve
a roldar o meu corpo esgarecido.
Ben sei da miña morte: unhas mans nenas,
mans do xogo entre amoras degoradas,
manciñas sin escola axexando a valeira serán,
namentras do solpor enfrautan luz os páxaros,
por enriba dos aers estantíos e núos,
atoparán o meu corpo
en doce pedra quente convertido.
Despois, no paradiso cheo de sol e ascua,
pólos muros vizosos de silveiras e amoras
loumiñarei os meus pes de verde frío.
Asemade atendín a o silenzo da noite en chorros outurada,
sarabia que no ceo faise luz e pendura:
Rodaba o mundo cristaíño e alobre
baixo a lúa que imanta outuras dos anceios
e ía parecendo na traslación da ollada
a outras fermosuras e outros cánticos
no iminentes laio derradeiro.
Non teño outra eisperencia tan temida
ao meu recullo vou que a enbadonuese o día.

"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás
(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)
(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)
Sem comentários:
Enviar um comentário