quinta-feira, 27 de maio de 2021

Xoán Cuveiro Piñol 4

Unha corrida de arroaces

[...]

Os animaes cando baixan do río e alcóntranse encerrados e ven que se lles vai acabando a auga do mar, comezan a dar unhas carreiras que se asemellan a voaduras, unhas veces emparellados e outras soos; vólvense tolos, e algún deles querse choutar á terra. Os homes e os rapaces, cando xa non queda de auga máis que a do río, bótanse a el, póndose a cabalo dos peixes, que coa mesma coraxe que teñen lévanos unha grande distancia sin caírse; outros tíranlles arpóns, pedras e astra tiros, de sorte que aquelo convírtese nunha festa dun género novo, da que non quedan pouco ademirados astra os mesmos estrangeiros. Outras veces arremoíñanse en runfladas os arroaces e acometen a rede, tal é o istinto que teñen, pro como está pola parte de fóra arrodeada de lanchas e botes, desde elas con remos e paus, fan recuar os animaes, que xa fatigosos e cheos de firidas e pancadas, déixanse coller astra dos nenos, e tráenos á terra onde os poñen en toradas pra estraelles a graxa, que por certo é das máis finas, e co importe dela cobren os gastos da compostura da rede, e os das lanchas e botes.
[...]

Xoán Cuveiro Piñol

(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)

Sem comentários:

Enviar um comentário