Como chove miudiño...
Vagaroso chover... Este zarzallo
que alxófares espalla, de mansiño,
é bendición de Dios i é un irmauciño
das lágrimas, da brétema e do orballo.
O ceio inda non ten outro agasallo
mellor pra demostra-lo seu cariño
ás froliñas da urce i ás do espiño,
i á ramaxe pomposa do carballo.
E Galicia, sin par, onde eu nacera,
tralo rico presente, quizá espera
do irmau sol, rei da luz, unha raiola...
¡Quizá!, pois xa notou a ialma miña
que, si adoita de estar na cruz soliña,
ó sentirse feliz, non quer ser sola.
"Do Ermo", Antonio Noriega Varela
(Antonio Noriega Varela nasceu no dia 19 de Outubro de 1869. Morreu em 1947.)
Sem comentários:
Enviar um comentário