Estaban tres soldados sentados nos petates. Un deles, dixo:
- Levamos dúas horas agardando por ti.
Eu miraba para eles para ver de lles distinguir algo que me orientase, mais non acertaba con nada.
- ¿A quen afeitas primeiro? - dixo un -. Aféitame a min, que teño que ir axudar ao Comisario.
Aquela verba clarexoume todo. Subiu por todo min unha ledicia desbordante.
- ¡Son fuxido! ¡Somos catro fuxidos!
Barreiro, Madruga e Bernaldo sentiron as miñas espresións e achegáronse. Comenzamos a nos dar apertas uns aos outros.
Correuse a nova e viñan soldados de todas as beiras que nos daban cartos e tabaco.
"Non Agardei por Ninguén", Ramón de Valenzuela
(Ramón de Valenzuela nasceu no dia 3 de Outubro de 1914. Morreu em 1980.)
Sem comentários:
Enviar um comentário