Mostrar mensagens com a etiqueta Marcial Suárez. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Marcial Suárez. Mostrar todas as mensagens

sábado, 15 de fevereiro de 2020

Marcial Suárez 5

- O viño! - pensou. Enchinme tanto de viño, que agora verto.
Pero o que vertía era sangue. Cando se decatou, botou pola rúa enriba, deica a casa do médico. Petou na porta, tan forte como pudo, e berrou:
- Acúdanme! Válanme! Teño a cabeza esfolada!

"O Acomodador e Outras Narracións", Marcial Suárez

(Marcial Suárez nasceu no dia 15 de Fevereiro de 1918. Morreu em 1996.)

sexta-feira, 15 de fevereiro de 2019

Marcial Suárez 4

O viño dos sábados

Xa dixen que en Allariz hai moitas igrexas. Agora teño que dicir que hai moitas menos igrexas que tabernas.
Os viños que máis se beben son o do Ribeiro e o de Verín, que, asegún os entendidos, son viños frouxos. Eu non lles vou levar a contraria ós entendidos, porque xa se sabe que, ás veces, non hai coma ser entendido pra entender. O que digo é que tódolos sábados á noite, en Allariz, o viño de Verín e o do Ribeiro subíanse a unha chea de cabezas, ainda que as cabezas eran quase que sempre as mesmas: a do Tarabá, a do Pardau, a do Boca...
[...]

"O Acomodador e Outras Narracións", Marcial Suárez

(Marcial Suárez nasceu no dia 15 de Fevereiro de 1918. Morreu em 1996.)

quinta-feira, 15 de fevereiro de 2018

Marcial Suárez 3

Naqueles tempos, a Banda de Enxeñeiros ía moitas veces contratada ás festas de Allariz. O que xamáis pensaría o Mestre Marquina sería que, contratado para amenizar unhas festas, tivera que acabar tocando unhas marchas fúnebres. Pero o Vicario era así.

"O Acomodador e Outras Narracións", Marcial Suárez

(Marcial Suárez nasceu no dia 15 de Fevereiro de 1918. Morreu em 1996.)

quarta-feira, 15 de fevereiro de 2017

Marcial Suárez 2

- Entón, déronche permiso?
- A min non me deron nada.
- Como que non che deron nada? - asustouse o vello.
- Nada. Víñenme eu, porque quixen. Alí non se para cos tiros. E eu dixen: Sálvese quien pueda!
- Pero, non che deron un papel?
 - Nin mo deron, ni llo pedín. Eu, ó fin, non sei ler.
O Terriña era un desertor, e ós desertores fusílanos. O tío Xoán apretou o paso. En canto chegou á casa, non fixo máis que pousar o feixe na lareira, agarrou ó rapaz por un brazo, e botou a andar co el para rúa.
- Pero, onde levas ó rapaz? - preguntoulle a muller.
- Unda o Capitán. Teño que levalo. É un desertor.

"O Acomodador e Outras Narracións", Marcial Suárez

(Marcial Suárez nasceu no dia 15 de Fevereiro de 1918. Morreu em 1996.)

segunda-feira, 15 de fevereiro de 2016

Marcial Suárez

Cando o meu pobo morra, mal será que lle falten os auxilios espirituales, porque eu son do parecer do Vicentiño: que non hai no mundo un pobo que teña máis igrexas en proporción ó seu número de habitantes e á súa extensión. Fai anos, Allariz tería unhos tres mil habitantes - hoxe debe ter ben menos, por mor das emigracións -, e a súa extensión será dun quilómetro cuadrado, pouco máis ou menos. Pois, en tan pequeno espacio e para tan pouca xente, o meu pobo contaba coa igrexa de Santiago, a de San Lourenzo, a da Virxe de Vilanova, a de San Esteban, a de San Pedro, a de San Benito, a do Covento de Santa Clara, e duas capelas, a de San Isidro e a de Piñeiro.
O Vicentiño sempre dicía:
- Non hai pobo no mundo que teña máis igrexas por católico cuadrado.

"O Acomodador e Outras Narracións", Marcial Suárez

(Marcial Suárez nasceu no dia 15 de Fevereiro de 1918. Morreu em 1996.)